Elecciones al Parlamento de Galicia 2016

RECOPILACIÓN DE LAS MEDIDAS FISCALES QUE CONTIENEN LOS PROGRAMAS DE GOBIERNO DE LOS CUATRO PARTIDOS A LOS QUE LAS ENCUESTAS CONCEDEN MAYOR CANTIDAD DE VOTOS EN LAS ELECCIONES AL PARLAMENTO DE GALICIA QUE SE CELEBRARÁN EL PRÓXIMO DOMINGO

enmarea-elecciones-parlamento-galicia

EN MAREA

Medidas tributarias ao servizo do común

Galicia pode e ten que explorar unha ampla reforma fiscal que garanta soster un sistema fiscal novo pensado para dar servizos e dereitos a maioría social agredida. Nun momento en que a política de gastos das administración convértese na escusa dos recortes sociais En Marea pula por un sistema tributario que permita ampliar e mesmo crear dereitos e servizos para todos e todas

  1. Imposto sobre o patrimonio

En Galicia ten o domicilio fiscal a maior fortuna do planeta, pero nos Orzamentos da Xunta para este ano só se prevé o ingreso de 58,7 millóns de euros polo total de recadación do Imposto de Patrimonio en Galicia. Un imposto que ampara a exención e os beneficios fiscais para os grandes patrimonios, que operan a través de sociedades patrimoniais familiares, sicavs, en moitos casos radicadas en paraísos fiscais. Con independencia da esixencia ao Estado de reforma da normativa básica do Imposto de Patrimonio, desde a Xunta reduciremos o mínimo exento (dos actuais 700.000 a 500.000 €) e incrementaremos o tipo impositivo para os grandes patrimonios (base liquidable igual ou superior a 3 millóns de euros).

  1. IRPF

Reaxustaremos a tarifa e os tipos impositivos e as deducións autonómicas, para que pague máis quen máis teña e gocen de maiores beneficios fiscais as persoas declarantes con menos recursos e que máis o precisen. A tales efectos, e ademais do reaxuste de tramos e axuste de tipos para as rendas máis baixas, incrementaremos o tipo impositivo para as bases liquidables superiores a 50.000 euros.

  1. Impostos medioambientais

A pesar do impacto en forma de dano ambiental, territorial e paisaxístico, a recadación prevista para os tributos propios autonómicos é ridícula, dada a súa normativa favorable aos intereses das grandes empresas enerxéticas e mineiras. O imposto sobre a contaminación atmosférica, nun país coas térmicas de As Pontes e Meirama, só recadou no 2015 un total 4,5 millóns de euros. O imposto sobre o dano ambiental da auga encorada en Galicia, un país de encoros, só recadou 14 millóns. E nun país mineiro e extractivo, ateigado de explotacións mineiras e canteiras, o imposto compensatorio ambiental mineiro só achega, segundo a previsión dos Orzamentos de 2016, un total de 1,1 millón de euros. A modificación normativa destes impostos, incluíndo a revisión á alza dos tipos impositivos, será dos primeiros proxectos remitidos ao Parlamento para que poidan entrar en vigor xa no 2017.

  1. Canon de Sogama

Xunto á revisión do plan de viabilidade e económico-financeiro da sociedade, procederemos a reducir o canon de tratamento a pagar polos concellos. Porque Sogama debe estar ao servizo do interese público, e non de Gas Natural. E porque tanto o refinanciamento da débeda como a errónea e ilegal decisión do goberno de Feijóo do 2011, de clasificación da planta, anulada polos tribunais, non deben repercutir na cidadanía.

  1. Introdución de cláusulas sociais na contratación pública.

A Xunta e o conxunto do sector público autonómico licitan e adxudican cada ano un elevado volume de contratos, con evidente impacto e transcendencia económica.

En Marea quere incluír na contratación pública condicións e criterios que favorezan medidas sociais como a igualdade de xénero, a aposta por un emprego digno e de calidade, o respecto medioambiental e o comercio xusto. E facelo tanto a respecto das condicións e garantías de execución dos contratos como nos propios criterios de valoración e adxudicación. Algo que permite a normativa de contratación vixente, tanto a estatal como a comunitaria, e que non se desenvolveu ata o momento. Aprobaremos de inmediato un decreto regulando as normas de clausulado social na contratación pública, de aplicación tanto na Xunta como nas sociedades, entes e organismos dela dependentes.

  1. Unidades específicas de xestión e inspección de grandes empresas e grandes patrimonios

A inspección fiscal e a loita contra a fraude fiscal deben priorizarse para os grandes patrimonios e grandes empresas. A creación e reforzo na Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) de unidades específicas de xestión e inspección dos grandes patrimonios e grandes empresas, o reforzamento da coordinación informativa e das bases de datos coa AEAT e unha maior dotación de medios materiais e humanos na Atriga serán medidas inmediatas do goberno de En Marea.

pp-elecciones-parlamento-galicia-2016

PARTIDO POPULAR (PP)

Unha política fiscal ao servizo do crecemento, da equidade e do emprego

O PPdeG aposta por reducir o máximo posible a carga fiscal que soportan cidadáns e empresas; por incrementar a equidade das cargas tributarias pedíndolle máis esforzo aos que máis teñen; e por facilitar o pagamento das obrigas tributarias, potenciar a información e asistencia para o seu cumprimento e incrementar a loita contra a fraude fiscal.

Nos próximos anos comprometémonos a consolidar un marco tributario estable que garanta a prestación dos servizos públicos, mantendo as rebaixas fiscais aprobadas no IRPF, no Imposto de Sucesións e nos tributos vinculados co medio rural.

Entre 2012 e 2016, o goberno do PPdeG:

  • Rebaixamos o IRPF no tramo autonómico, de maneira progresiva e para beneficiar en maior medida as rendas baixas e medias, que están entre as que menos tributan en España, o que permite un aforro anual de ata 380 euros por declarante e beneficia a máis do 98,5% dos contribuíntes.
  • Rebaixamos o Imposto de Sucesións e Doazóns, para que o 99% dos familiares directos non o paguen. E para que o 1% restante pague menos. Con esta rebaixa, non pagan este imposto as herdanzas de ata 400.000 euros (por herdeiro) entre familiares directos e Galicia sitúase entre as comunidades con mellor tratamento fiscal a este colectivo.
  • Completamos a ‘Estratexia de Imposto cero para o rural’, con deducións do 100% para mercar unha finca (dedución do 100% da cota para transmisión de solo rústico); para continuar cunha explotación (elevación ao 100% as reducións vixentes); e para ampliar unha explotación (dedución do 100% da cota de gravame en Actos Xurídicos Documentados para a agrupación de fincas rústicas).
  • Situamos a Galicia á cabeza de España en incentivos á natalidade, con maiores deducións por nacemento de fillos (360 euros para 1º, 1.200 euros para 2º e 2.400 para 3º e seguintes nos tres primeiros anos para niveis de renda inferiores a 22.000 euros); polo coidado de fillos menores (incrementamos o límite deducible desde 400 ata 600 euros se teñen 2 ou máis fillos); polo aluguer de vivenda (incrementamos a porcentaxe deducible do 10% ao 20% e duplícase o límite de 300 a 600 euros se se teñen 2 ou máis fillos).
  • Impulsamos incentivos fiscais para I+D+i e para as enerxías limpas, tales como a dedución por donativos para I+D+I (establecemos unha nova dedución do 25% das cantidades doadas a centros de investigación de universidades galegas e os promovidos ou participados pola Xunta, co límite máximo do 10% da cota íntegra autonómica); ou a dedución por investimento en instalacións de climatización e/ou auga quente sanitaria que empreguen enerxías renovables en vivenda habitual: aprobamos unha nova dedución do 5% do gasto incorrido.

Na vindeira lexislatura:

  • Manteremos as rebaixas impulsadas no Imposto de Sucesións e Doazóns; no IRPF; e a estratexia de ‘Impostos Cero’ no rural, avanzando na rebaixa dos impostos autonómicos co fin de facilitar a fixación de poboación neste ámbito.
  • Seguiremos analizando a posibilidade de novas rebaixas de impostos en función da recuperación dos ingresos da comunidade autónoma.
  • Manteremos os beneficios fiscais aprobados nos Impostos sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), no Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados e no Imposto de Sucesións e Doazóns.
  • Analizaremos a posibilidade de introducir novos beneficios fiscais nos tributos autonómicos vinculados a sectores estratéxicos co fin de consolidar a recuperación económica e a creación de emprego de calidade.
  • Incrementaranse os beneficios fiscais que promovan o investimento e a creación de empresas, co fin de promover o financiamento propio fronte ao alleo, tanto no Imposto sobre a renda das persoas físicas como no Imposto sobre sucesións e doazóns.
  • Manteremos tipos reducidos no Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) para a adquisición da vivenda habitual, mozos, familias numerosas e persoas con discapacidades a partir do 65%.
  • Céntimo sanitario: A Xunta de Galicia xa devolve aos transportistas profesionais a totalidade do imposto autonómico sobre hidrocarburos. Sen embargo, hai un colectivo de profesionais autónomos que queda fóra debido á actual normativa estatal. O PPdeG impulsará no Parlamento de Galicia unha proposta de cambio normativo para que o Estado facilite que as comunidades autónomas podan ampliar á devolución do chamado céntimo sanitario aos profesionais autónomos do sector do transporte.
  • Financiaremos, a través de rebaixas tributarias ou subvencións, o desenvolvemento dos contratos a tempo parcial para que os pais e nais poidan dedicar máis tempo á educación dos seus fillos e fillas, sen que isto poida penalizar a carreira profesional.

Apoiaremos e solicitaremos ao Goberno de España, como fixemos na pasada lexislatura, para que rebaixe o IVE dos produtos sen glute, dos produtos de hixiene feminina e os cueiros dos nenos e nenas recén nados.

Unha xestión tributaria que facilite o cumprimento das obrigas tributarias e loite contra o fraude fiscal

No ámbito da xestión tributaria, o PPdeG avanzará,como fixo na pasada lexislatura, na simplificación, a colaboración e a información aos contribuíntes para facilitar o pago dos impostos e a loita contra a fraude fiscal.

Para elo, comprometémonos nos vindeiros anos a reforzar a Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), que foi posta en marcha polo goberno do PPdeG en 2013 e que se está a evidenciar que é un instrumento útil para facilitarlle o cumprimento das súas obrigas aos contribuíntes que queren cumprir de forma correcta coa lei (a Xunta concedeu aprazamentos e fraccionamentos de impostos entre 2009 e 2015 por un total de 166 millóns de euros para facilitar o seu pagamento aos contribuíntes); e para loitar contra a fraude fiscal (nos tres anos que leva en funcionamento a ATRIGA xa aflorou 480 millóns de euros de débeda non declarada).

Especificamente, e no ámbito de axuda ao cidadán:

  • Continuaremos potenciando e reforzando a asistencia e a información ao cidadán.
  • Crearemos o Portal ATRIGA 24 HORAS para:

Favorecer a relación áxil e eficiente entre os cidadáns e a ATRIGA, permitindo o acceso dende calquera lugar (multidispositivo) e en calquera momento (24h).

Personalizar a relación entre a ATRIGA e o cidadán, para facilitarlle os seus trámites máis frecuentes e realizar o seguimento dos expedientes que teña abertos.

Orientar á cidadanía, dirixindo a atención do usuario a catro grandes grupos de operacións con títulos significativos que facilitan a localización do servizo que necesita ou demanda.

Incrementar a fiabilidade e seguridade, para garantir a total confidencialidade no intercambio de información entre o cidadán e a ATRIGA.

  • Impulsaremos o emprego e a aplicación de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos na administración tributaria.
  • Xeneralizaremos a cita previa para mellorar a atención ao cidadán.
  • Fomentaremos o cumprimento voluntario das obrigas fiscais mediante accións de concienciación e sensibilización.
  • Seguiremos a favorecer os aprazamentos e fraccionamentos do pago de impostos para que familias e empresas paguen as súas obrigas con maior comodidade.

No ámbito da colaboración con outras administracións:

  • Reforzaremos a colaboración coas administracións tributarias doutras comunidades autónomas e da administración local para mellorar a eficacia da súa xestión.
  • Completaremos a xestión integral dos tributos propios e cedidos.

E no ámbito da loita contra a fraude fiscal:

  • Potenciaremos a loita contra a fraude fiscal, priorizando os esforzos no colectivo de non declarantes e nos grandes patrimonios.
  • Dotaremos á ATRIGA de novos medios e efectivos para reforzar os labores de inspección.

psdg-psoe-elecciones-parlamento-galicia

PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL (PSOE)

Para mellorar a autonomía das comunidades e a modernización do sistema tributario, os tributos cedidos actuais deben ser transformados en tributos propios das comunidades, mantendo, en todo caso, as bases harmonizadas para evitar custos á cidadanía e ás empresas. Urxe, neste contexto, abordar unha reforma do Imposto de Patrimonio e o establecemento de mínimos comúns no Imposto de Sucesións e Doazóns.

SISTEMA FISCAL PROPIO

Precisamos fortalecer e impulsar un sistema fiscal propio. É preciso, para iso, mellorar a acción da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) e impulsar medidas para unha mellor xestión dos tributos propios.

Propostas concretas en referencia á mellora da ATRIGA

  1. A ATRIGA débese dotar dos medios, especialmente persoais, necesarios para a adecuada xestión, inspección e recadación dos tributos, e abordar as reformas necesarias para mellorar o seu funcionamento. Eses medios deben orientarse tanto á información e asesoramento como a investigación dos feitos non-declarados e a comprobación das declaracións efectuadas, na loita contra a fraude. Comprometémonos a impulsar durante a lexislatura os medios humanos a disposición de ATRIGA nun 30%, e ao mesmo tempo abordarase un proceso de reforma que inclúa un sistema de control e responsabilidade da ATRIGA ante a sociedade e o parlamento.
  2. Para que a Xunta de Galicia poida colaborar efectivamente na persecución da fraude nos impostos cedidos e xestionados pola AEAT, cómpre coordinar eficazmente a ATRIGA coa AEAT. Especialmente importante resulta o acceso á información con relevancia tributaria de que dispoña a AEAT.
  3. A ATRIGA debe completar a asunción das actuacións de xestión que seguen desempeñando nas provincias da Coruña e Pontevedra as Oficinas Liquidadoras de Partido.
  4. É importante axilizar a tramitación e resolución dos diferentes procedementos tributarios, para evitar os frecuentes casos de caducidade e prescrición que, ademáis de xerar perdas importantes de recadación, dan lugar a situacións inxustas e non-igualitarias.
  5. Na liña de asesoramento e axuda aos contribuíntes deben publicarse os criterios administrativos sobre a aplicación de tributos propios e tributos cedidos, así como os criterios para a determinación dos valores aos efectos de tales impostos.
  6. Para cumprir os principios de acceso á administración a través de medios electrónicos deben ofrecerse programas de axuda para cubrir os tributos, así como abrir as posibilidades de tramitación e pagamento en liña e a través de distintos medios (domiciliación, transferencia, pago con tarxeta etc).
  7. Finalmente, un obxectivo xeral e tranversal debe ser a redución da litixiosidade en materia tributaria, a través de normas claras, procedementos áxiles e ben tramitados, e unha actuación administrativa atenta aos criterios que marca a xurisprudencia.
  8. A Comunidade Autónoma de Galicia debe asumir a resolución das reclamacións económico-administrativas dos tributos cedidos, para o que deben ser transferidos recursos e persoal do Tribunal Económico Administrativo rexional. 

Propostas concretas de medidas normativas en materia de tributos cedidos

  1. Renunciamos, como xa se fixo no período 2005-2009, á tramitación de “leis de acompañamento”, que é a vía habitual para as modificacións normativas en materia tributaria. Comprometémonos a que as modificacións en materia tributaria sexan obxecto de leis específicas para permitir unha adecuada discusión e coñecemento por parte da opinión pública dos seus efectos.
  2. Acometeremos unha revisión dos tipos de gravame no Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, que presenta na actualidade unha enorme complexidade e variedade de tipos, en función de circunstancias persoais dos contribuíntes, sen que resulten de grande efectividade. En concreto, comprometémonos a igualar o tipo para as embarcacións de lecer co xeral do imposto.
  3. No Imposto de Sucesións regularemos de forma clara o tratamento fiscal das figuras propias de dereito civil de Galicia (apartación, pacto de mellora, testamento por comisario…). Nalgúns casos, os cambios deben prever as súas consecuencias de cara á aplicación de reducións e deducións, que si son competencia da CA. Para outras cuestións, instarase ao Estado, en tanto non se dispoña de competencia lexislativa plena sobre o mesmo, a regular especificamente tales aspectos que están resultando especialmente conflitivos.
  4. O Imposto de Sucesións e Doazóns debería ser obxecto dunha harmonización de mínimos en todo o territorio español, para evitar a competencia fiscal espuria para fomentar o cambio formal do domicilio fiscal. Traballaremos nesa dirección.
  5. Comprometémonos a revisar as bonificacións e deducións nos restantes impostos autonómicos con capacidade normativa, comezando polo IRPF, para reducir as cargas de cumprimento das obrigas fiscais e facer máis equitativa a tributación. Subsumiremos as deducións autonómicas por fillo ou filla no Plan Contra a Pobreza Infantil.
  6. Comprometémonos a facer lixeiramente máis progresiva a tarifa autonómica do IRPF, aumentando 0.5 puntos ao tramo entre 47.600 e 60.000 euros de base liquidable, 0.75 puntos entre 60.000 e 100.000 euros e 1 punto a partir de 100.000 euros.
  7. Subiremos un 10% os tipos aplicables no Imposto de Patrimonio por riba de 1.000.000 euros, con vixencia durante tres anos, e comprometémonos a destinar a recadación adicional así obtida a financiar o Plan contra a Pobreza Infantil.
  8. Comprometémonos a integrar os impostos medioambientais de valor territorial (auga encorada, canon eólico e mineiro) nun novo imposto xeral sobre aqueles elementos de incidencia paisaxística, ambiental ou de condicións de vida. Este novo imposto nutrirá un Fondo de Compensación distribuído con criterios obxectivos.

ciudadanos-elecciones-parlamento-galicia-2016

CIUDADANOS

100 propuestas para la Galicia que quieren sus ciudadanos

  1. Fomentaremos la incorporación de la Vivienda desocupada al mercado del alquiler a través de estímulos fiscales y otras medidas no coercitivas para el propietario. Promoveremos la figura de un mediador /asegurador para optimizar las garantías jurídicas entre arrendador y arrendatario, tanto en el cobro del alquiler como en el mantenimiento de la Vivienda.
  1. Revisaremos las cargas fiscales que soportan las granjas acuícolas, con especial hincapié en los distintos cánones, para evitar la doble o triple imposición por parte de diferentes administraciones.

Ricardo Palleiro Asesores y Auditores